AS NOTICIAS MÁIS CANDENTES!

luns, 16 de marzo de 2015

"El orden de las Cosas"





                             O pasado luns día 23 de Febreiro veu Amanda Díaz, unha rapaza con un máster en psicoloxía e que pertence á asociación as QUETAS , para axudarnos a previr a violencia de xénero e loitar por aqueles dereitos que nos pertencen.

O vídeo, o cal se titula "El orden de las cosas", fixonos reflexionar xa que é un tema que está á orde do día, o cal pode ser que non vexamos a simple vista ou non o percibamos pero si sabemos que moitas mulleres e incluso homes podeno estar sufrindoo por parte da súa parella ou esposo/a.

Moitas das persoas que o sufren, casanse sen coñecer ben á outra persoa, non estamos dicindo que sexa a súa culpa, só que antes de tomar esa decisión debemos estar moi seguros do que estamos a facer e ter en conta os dereitos da outra persoa.
Como observamos na imaxe, nos países de relixión musulmá e de pouco desarrollo tanto cívico como tecnolóxico, as mulleres son simples obxectos que os homes usan. Viven baixo a sumisión. 
Nesta foto compárase á unha muller cunha bolsa de plástico de lixo, porque os homes neses países
pensan que as mulleres non son persoas e que por iso deben estar baixo o seu mandato.
Hai dous tipos de maltrato:
  •  Psicolóxico: o maltratador ou maltratadora fai dano a través de insultos, ameazas, facendo que a súa vitíma chegue a caer en depresión ou semplemente nunha sumisión hacia ó maltratador, aceptando sempre o que el quere e non podendoo abandoar.
  • Físico: o maltratador ou maltratadora fai dano a través de golpizas, chegando a causar algunha rotura, lesións ou podendo alcanzar á morte. 
Noutros moitos casos, as mulleres están obligadas a estar con esos homes como no caso da relixión musulmá, no que non se maltrata ás mulleres nin de forma física nin psicolóxica, se nón, máis ben privandoas das súas liberdades (de expresión, de poder saír...)


Nesta ligazón atoparemos un vídeo que nos mostra como o maltrato físico aumenta co tempo: 



O maltratador ten un sentimento de culpa despois de facer ese dano pero sempre volve ao mesmo posto que é unha persoa cun desequilibrio e unha enfermidade mental.


Nesta curtrometraxe vemos como esta muller sofre máis co paso do tempo, como recibe máis golpizas, empeza tapando as feridas có maquillaxe pero chega un punto que non pode facelo porque as feridas son moi grandes e notorias.

E este outro foi o vídeo que nos amosou Amanda na súa visita, nel  podemos atopar os dous tipos de maltrato:



Neste vídeo, atopamos a unha muller espida na bañeira, esta muller non envellece ao contrario co seu marido e o seu fillo, este ao cumplir os 18 anos decide marchar da casa debido a unha disputa co seu pai por o cinto, xa que se negou a aceptalo. Este cinto pasaba de xeración en xeración para pegarlle ás mulleres. Despois da marcha do fillo, chegan uns familiares a comer á casa pero a muller non fixo a comida así que os familiares (machistas e maltratadores) apoian ao home para que lle peguen, así que o home atopa o cinto na bañeira e decide pegarlle, nesta escena o baño empezase a encher de auga, á vez que se quita o anel, a muller é sumerxida co home e só ela reaparece no mar co a praia chea de bañeiras.

O cinto significa o maltrato, o xoguete roto significa a rotura da relación entre o pai e o fillo, o anel significa a atadura ao seu home e a praia chea de bañeiras significa que hay moitas mais mulleres que pasan polo mesmo.